Presentación

solocacholaGusi Domarco Servicios Informáticos é un novo proxecto de empresa de servicios que nace da experiencia de mais de 25 anos ao servicio das Pymes, de diversos Concellos e da Administración Autonómica.

Neste tempo poidemos aprender o beneficioso que resulta para o usuario final de sistemas informáticos ter a un técnico ao outro lado do teléfono para resolvelas suas dubidas, reconfiguralos seus equipos ou bien realizalas reparacións necesarias.

Tamén sabemos que o cliente empresarial prefire deixar nas maus dun profesional o deseño das suas redes de comunicacións e da infraestructura informática da sua empresa, dende a conexión a internet, pasando polos equipos servidores, postos de traballo e sistemas de impresión.

Podemos ofrecer unha diversidade de servicios aparte da venta e reparación de equipos informáticos, como e a programación a medida, o deseño e aloxamiento web e a elaboración de plans de adaptación á L.O.P.D. ( Lei orgánica de protección de datos personáis )

Queremos animalo a que contacte connosoco e nos expoña as súas necesidades.  Estaremos encantados de atendelo.